quarta-feira, 5 de junho de 2019

Diario de Saúdos, Antía Suárez Souto (2º ESO)

20 de maio de 2019
Hoxe ía eu pola escola e saudando os meus amigos, non todos me saudaban pero case a maioría. Non sei se é falta de educación ou vergoña, pero diso vou escribir durante esta semana, xa que tamén marcho venres a Madrid co colexio e poderei explorar as miñas dúbidas dentro e fóra da escola.
Polo comezo de hoxe, a cousa non pinta moi ben pero veremos ao longo deste tempo. Non sei se sairá ben de todo, pero eu intentareino.
Con cariño
Antía (A.S.S)
21 de maio de 2019
Os maiores sempre son os que non saúdan por non perder a fama, como cren que o resto somos menos que eles pois din: <<Por que o imos facer?>>. Iso non é así, como alguén saúda a outra persoa, esa persoa por moi maior que sexa, tamén pode saudar porque é unha marca de educación que non debe fallar.
Que enfado me provoca iso, che! Un saúdo
Antía( A.S.S)
22 de maio de 2019
Por que o rapaz que che gusta, nunca te saúda? Que se quere, facer o difícil? Que os seus amigos se rían del? Pois non, porque que non te saúden e ti a el si molesta máis que creo que lle molestan os vaciles a el. Aínda que el non sinta nada, tamén é unha persoa coma outra e pode facer o mesmo que os demais: saudar e poñer boa cara. Con ese simple xesto, quedas como Deus e, aínda que non queiras, a outra persoa deixala moi feliz.
Oxalá aprendan, che! Nunca vén nin virá mal.
Un bico
Antía (A.S.S)
23 de maio de 2019
Ir por unha tenda como por exemplo “ O Corte Inglés”, que te vexan as dependentas polos corredores e que te miren mal, pero que lle leves roupa para comprar e te saúden e que che poña boa cara... sen vergoña, iso é o que son. Se es amable cando che van comprar tamén o es para saudar cando pasas ao carón da persoa. Outro signo de que a educación haina cando a un lle apetece. Iso que lle pagan, eh! Non o chegan a facer e fulminante coa mirada.
Antía (A.S.S)
24 de maio de 2019
Marchar para Madrid e que os teus amigos non se acorden de ti para despedirse, que lle digas un “chao” sabendo que non vos ides volver ver ata dentro de 3 días e que eles fagan como si nada; como se non nos coñeceramos de nunca, vamos! Dá rabia, e que despois por encima che veñan falando pólo móbil ou dicindo que te botan de menos e ti quedas como, estarás de coña non? Marcho un finde, nin te esmeras en despedirte e pretendes que te crea que me botas de menos? Veña, adeus, a vacilar a outra persoa.
Antía (A.S.S)
25 de maio de 2019
En Madrid todos son moito máis educados que aló onde vivimos; se saúdas a xente, eles devólvenche o saúdo tamén como boas persoas que son, ben , a maioría. A outros dáselle por mirarte mal, pero non e o caso disto. Se todos foran así, o mundo iría a mellor, iso asegurado. A Warner é un sitio perfecto para este esperimento, e como xa dixen, todos te saúdan con boa cara.
Antía (A.S.S)
26 de maio de 2019
Volvendo de Madrid, en Astorga había uns turistas coma nós moi bos que nos falaron e saudaron e falaron un anaco con nós de boa gana, sendo moi amables e coa cariña de felicidade gravada sen ningún problema. Non sei se é porque estou acostumada a xente de aquí ou é que todos os de fóra me parecen moi amables, un misterio sen resolver que me quedará gravado na memoria.
Unha viaxe incrible que nunca olvidarei, porque os meus amigos axudáronme a pasalo xenial.
Antía ( A.S.S)

domingo, 26 de maio de 2019

Titoán, cómic cobre Castelao, de Inácio e Iván Suárez, recensión de Diego Penedo (4º ESO A)

O libro que eu escollín é Titoán, é un libro que conta a historia de Castelao cun veciño. A historia empeza cando na aldea se vai celebrar o entroido. Castelao decide facer un cabezudo inspirándose na cara do seu veciño que non tiña bo carácter. Cando o veciño viu o cabezudo que lle fixera Castelao non lle gustou nada e quixo ir pegarlle, pero súa muller non lle deixou.
Este é un comic moi divertido é mui entretido que te engancha ata o final, á parte ten unha crítica social implícita.
O cómic a min gustoume moito e recomendaríao a todos os que lle gusten as bandas deseñadas e ler libros de humor.

quinta-feira, 23 de maio de 2019

Recensión sobre As rapazas de Xan de Manuel Iglesias Turnes, Andrea Suárez Souto (3º ESO)

Esta historia trata sobre Carmela, una rapaza que vivía na Galicia dos nosos antepasados. A rapaza era orfa de nai e o seu pai ,Xan , axudáballe e apoiábaa en todo. Co paso do tempo, Carmela foise namorando de Rafael de Varela, un dos rapaces máis ricos da aldea. Ao pouco tempo, este deixou en cinta a Carmela e non quixo saber máis dela. A pesar diso, Carmela tivo una nena que a chamaba Sabeliña.

Co paso do tempo, Manuel un compañeiro de toda a vida de Carmela díxolle a esta que sempre viviu namorado dela. Ao fin, estes comprometéronse a casar. Un día, á volta de aprender de coser, Rafael foi molestar a Carmela, xa que, este tiña problemas no seu matrimonio. Ao saber isto, Manuel foille
chamar a atención a Rafael. A mañá seguinte, Rafael apareceu morto.

Ao final da novela, Manuel e Carmela acaban casando nunha voda do palleiro da súa familia e ambos ían moi guapos. Despois desta, marcharon para traballar a Montevideo, lugar onde ía traballar a maioría da xente desa aldea en América.

Para a miña opinión esta novela pareceume unha novela moi interesante xa que, ponos na situación da antiga Galicia e ensínanos como era a vida dos nosos antepasados. Respecto a como está estruturado o libro pareceume un pouco lío pero a pesar diso, non me costou lelo.

Recoméndollo a todas esas persoas que teñan pasión pola lectura ou pola historia.