20
de maio de 2019
Hoxe
ía eu pola escola e saudando os meus amigos, non todos me saudaban
pero case a maioría. Non sei se é falta de educación ou vergoña,
pero diso vou escribir durante esta semana, xa que tamén marcho
venres a Madrid co colexio e poderei explorar as miñas dúbidas
dentro e fóra da escola.
Polo comezo
de hoxe, a cousa non pinta moi ben pero veremos ao longo deste tempo.
Non sei se sairá ben de todo, pero eu intentareino.
Con
cariño
Antía
(A.S.S)
21
de maio de 2019
Os
maiores sempre son os que non saúdan por non perder a fama, como
cren que o resto somos menos que eles pois din: <<Por que o
imos facer?>>. Iso non é así, como alguén saúda a outra
persoa, esa persoa por moi maior que sexa, tamén pode saudar porque
é unha marca de educación que non debe fallar.
Que
enfado me provoca iso, che! Un saúdo
Antía(
A.S.S)
22
de maio de 2019
Por
que o rapaz que che gusta, nunca te saúda? Que se quere, facer o
difícil? Que os seus amigos se rían del? Pois non, porque que non
te saúden e ti a el si molesta máis que creo que lle molestan os
vaciles a el. Aínda que el non sinta nada, tamén é unha persoa
coma outra e pode facer o mesmo que os demais: saudar e poñer boa
cara. Con ese simple xesto, quedas como Deus e, aínda que non
queiras, a outra persoa deixala moi feliz.
Oxalá
aprendan, che! Nunca vén nin virá mal.
Un
bico
Antía
(A.S.S)
23
de maio de 2019
Ir
por unha tenda como por exemplo “ O Corte Inglés”, que te vexan
as dependentas polos corredores e que te miren mal, pero que lle
leves roupa para comprar e te saúden e que che poña boa cara... sen
vergoña, iso é o que son. Se es amable cando che van comprar tamén
o es para saudar cando pasas ao carón da persoa. Outro signo de que
a educación haina cando a un lle apetece. Iso que lle pagan, eh! Non
o chegan a facer e fulminante coa mirada.
Antía
(A.S.S)
24
de maio de 2019
Marchar
para Madrid e que os teus amigos non se acorden de ti para
despedirse, que lle digas un “chao” sabendo que non vos ides
volver ver ata dentro de 3 días e que eles fagan como si nada; como
se non nos coñeceramos de nunca, vamos! Dá rabia, e que despois por
encima che veñan falando pólo móbil ou dicindo que te botan de
menos e ti quedas como, estarás de coña non? Marcho un finde, nin
te esmeras en despedirte e pretendes que te crea que me botas de
menos? Veña, adeus, a vacilar a outra persoa.
Antía
(A.S.S)
25
de maio de 2019
En
Madrid todos son moito máis educados que aló onde vivimos; se
saúdas a xente, eles devólvenche o saúdo tamén como boas persoas
que son, ben , a maioría. A outros dáselle por mirarte mal, pero
non e o caso disto. Se todos foran así, o mundo iría a mellor, iso
asegurado. A Warner é un sitio perfecto para este esperimento, e
como xa dixen, todos te saúdan con boa cara.
Antía
(A.S.S)
26
de maio de 2019
Volvendo
de Madrid, en Astorga había uns turistas coma nós moi bos que nos
falaron e saudaron e falaron un anaco con nós de boa gana, sendo moi
amables e coa cariña de felicidade gravada sen ningún problema. Non
sei se é porque estou acostumada a xente de aquí ou é que todos os
de fóra me parecen moi amables, un misterio sen resolver que me
quedará gravado na memoria.
Unha
viaxe incrible que nunca olvidarei, porque os meus amigos axudáronme
a pasalo xenial.
Antía
( A.S.S)
Sem comentários:
Enviar um comentário