domingo, 26 de maio de 2019

Titoán, cómic cobre Castelao, de Inácio e Iván Suárez, recensión de Diego Penedo (4º ESO A)


O libro que eu escollín é Titoán, é un libro que conta a historia de Castelao cun veciño. A historia empeza cando na aldea se vai celebrar o entroido. Castelao decide facer un cabezudo inspirándose na cara do seu veciño que non tiña bo carácter. Cando o veciño viu o cabezudo que lle fixera Castelao non lle gustou nada e quixo ir pegarlle, pero súa muller non lle deixou.
Este é un comic moi divertido é mui entretido que te engancha ata o final, á parte ten unha crítica social implícita.
O cómic a min gustoume moito e recomendaríao a todos os que lle gusten as bandas deseñadas e ler libros de humor.

Sem comentários:

Enviar um comentário